A Tradescola organiza diversas actividades durante esta semana no marco do Nadal

LugoXa
Este martes a partir das 17.00 horas, os máis peques da Tradescola ofrecerán un mini concerto de Nadal ás súas familias e amigos nas súas aulas no Centrad
Alumnado-Tradescola-foto-de-Martín-Blanes
17 Dec 2024

A Tradescola organiza diversas actividades durante esta semana no marco do Nadal, comezando esta tarde de martes, día 17 de decembro, a partir das 17.00 horas, cando os máis peques da Tradescola ofrecerán un mini concerto de Nadal ás súas familias e amigos nas súas aulas no Centrad.

Despois, ás 19.00 horas, na Capela de Santa María de Lugo, haberá unha audición de Nadal con alumnado de canto e pandeireta, pandeira, gaita e percusión e baile tradicional.

Pola súa parte, o mércores, 18 de decembro, haberá unha audición de Nadal no Vello Cárcere de Lugo ás 20.00 horas, “na que gozaremos cunha pequena escolma de pezas destas datas e doutras pezas da nosa música tradicional”, explican.

E, para rematar, o sábado 21 de decembro, pola tarde, recibirán ao Apalpador xunto a outras asociacións da cidade, cunha actuación da Tradescola que está prevista a partir das 19.30 horas no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros, e na que participará alumnado de Canto e Pandeireta da Tradescola.

0.17145609855652