A UME desinfecta centros de maiores de Viveiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
25 Mar 2020

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou de que a Unidade Militar de Emerxencias (UME) realizou traballos de desinfección onte en 25 lugares da provincia.

Durante toda a xornada, os 60 efectivos da UME desprazados polo Ministerio de Defensa á provincia de Lugo, dentro da Operación Balmis de loita contra o coronavirus, fixeron labores de desinfección en puntos considerados especialmente sensibles.

Concretamente, traballaron en 4 residencias de maiores da cidade de Lugo, así como na contorna do HULA e os centros de saúde de Fingoi, a Milagrosa e Illas Canarias, ademais de no Fogar do transeúnte e no Pavillón municipal.

En Monforte de Lemos fixeron desinfectaron catro residencias de anciáns, o Hospital e a Casa do Concello.

Tamén fixeron tareas de desinfección en dúas residencias e o Centro de saúde de Viveiro, en dúas residencias de maiores e o Centro de dano cerebral do municipio de Castro de Rei, nunha residencia e o Centro de saúde de Vilalba e nunha residencia de maiores no concello de Outeiro de Rei.

0.1653950214386