A UNED de Lugo pon en marcha un obradoiro sostible de coroas de Nadal

LugoXa
A UNED de Lugo organiza un obradoiro de coroas de Nadal creadas con elementos naturais para volver a conectar coa natureza.
uned lugo edificio exterior
10 Dec 2023

A UNED de Lugo organiza un obradoiro de coroas de Nadal creadas con elementos naturais para volver a conectar coa natureza. Neste obradoiro, organizado baixo o amparo do proxecto #LugoNaturalMente e en colaboración con Fina Freire, profesional en decoración de Arte Floral Rabel, será impartido os días 14 e 15 de decembro presencialmente no Centro Asociado da UNED de Lugo.

A creación de coroas de Nadal é un bo momento para reconectar coa naturea. Neste obradoiro empregaranse recursos naturais, como froitos e follas de árbores para crear un adorno de Nadal tradicional.

Estas festas son unha época de consumo excesivo e non hai mellor maneira de fomentar a reciclaxe e a sostibilidade que elaborar coroas con elementos naturais que ofrece a contorna. A actividade terá unha duración de 3 horas e un importe de 15 euros por persoa. Para obter a praza, a inscrición poderase realizar a través da web.

0.20070505142212