A UNED de Lugo presenta a súa experiencia de comunicación nun encontro nacional de boas prácticas

LugoXa
O proxecto “A comunicación: unha nova ponte cara a Lugo” foi recoñecido co Accésit do Consello Social da UNED 2025
UNED-Lugo-comunicacion-Carlos-García-e-Ana-Traseira
24 Apr 2026

A UNED de Lugo participou na duodécima edición do Taller de Boas Prácticas de Centros Asociados da UNED, un encontro que reuniu a máis dun cento de profesionais de toda a rede co obxectivo de compartir iniciativas e experiencias consideradas de referencia entre os distintos centros.

No encontro participaron en representación do centro lucense a directora da UNED de Lugo, Ana Traseira, e o brand manager Carlos García, quen puxeron en valor o traballo desenvolvido pola institución no ámbito da comunicación institucional e a súa evolución nos últimos anos.

Neste contexto, a UNED de Lugo presentou a súa experiencia titulada “A comunicación: unha nova ponte cara a Lugo”, un proxecto que foi recoñecido co Accésit do Consello Social da UNED 2025. A iniciativa destaca polo seu enfoque na innovación, a proximidade coa contorna e a mellora continua dos canais de relación coa sociedade.

Desde o centro lucense agradeceron a organización do encontro e a participación do resto de centros asociados, subliñando a importancia de compartir coñecemento e boas prácticas. Segundo sinalan, este tipo de iniciativas contribúen a reforzar o traballo colaborativo e a avanzar cara a unha universidade máis conectada, accesible e comprometida coa súa contorna.

0.12037181854248