A unidade móbil da ITV para turismos estará en Palas de Rei do 28 ao 31 de xullo

A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) para turismos desprazarase a Palas de Rei entre os días 28 e 31 de xullo para facilitar a realización das inspeccións sen necesidade de desprazarse a unha estación fixa.
O servizo instalarase no Mercado Gandeiro e estará operativo os días 28 e 29 de xullo, así como o 31 de xullo.
O horario de atención será de 9.00 a 13.30 horas pola mañá e de 15.15 a 18.00 horas pola tarde. A unidade prestará servizo en horario de mañá e tarde todos os días previstos, agás o 31 de xullo, cando a atención será unicamente en horario matinal.