A unidade móbil de doazón de sangue chega o mércores á Fonsagrada

LugoXa
A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro mércores, de 16.30 a 21 horas fronte ao Museo no Concello da Fonsagrada.
doazon sangue
doazon sangue
31 Out 2022

O Concello da Fonsagrada recibirá o vindeiro mércores 2 de novembro a unidade móbil de doazón de sangue. Así o informan dende o Goberno Local que explican que o autobús estará dende ás 16.30 e ata as 21.00 horas fronte ao museo da localidade.

Lembran, asemade, que para ir a doar hai que almorzar e agardar dúas horas dende o xantar. Ademáis, os interesados en doar sangue deberán ser maiores de 18 anos e pesar máis de 50 kg, levando a tarxeta de donante de sangue ou ben algún documento identificativo.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realizaba un chamamento onde solicitan, de maneira especial, sangue dos grupos A positivo e 0 positivo. As reservas destes dous grupos, segundo advertía o Sergas, presentan niveis moi baixos, polo que se fai preciso reforzar o chamamento á participación nas campañas de doazón.

Doazon sangue fonsagrada
0.19957780838013