A unidade móbil para renovar o DNI chega á Fonsagrada este venres

LugoXa
O equipo móbil da Policía Nacional para a renovación do DNI acudirá ao Concello da Fonsagrada o vindeiro venres, 13 de maio.
dni identificacion carne documento
dni identificacion carne documento
10 Maio 2022

O Concello da Fonsagrada vén de informar que o equipo móbil da Policía Nacional para a realización dos DNI acudirá ao municipio o vindeiro venres 13 de maio.

Así, segundo informa o Goberno local todos aqueles que teñan que renovar o seu documento de identidade poderán facelo na Biblioteca Pública de 10 a 12 horas. Para iso, deberán solicitar a súa cita na Casa do Concello.

0.15011405944824