A veciñanza de Lugo denuncia o “sen sentido” da colocación dos bancos da Praza do Ferrol
A veciñanza de Lugo denuncia o “sen sentido” da colocación dos bancos da Praza do Ferrol, xa que algúns están situados de maneira que as persoas que se sentan neles teñen que mirar cara a un edificio, en lugar de cara á propia praza.
“Síntome como se estivera castigado”, sostén un veciño xubilado de Lugo, que ten como tradición -como moitos outros- pararse e sentarse na Praza do Ferrol a pasar a mañá tomando o sol, pero sofre cando ten que sentar nun banco que mira cara a unha parede.
“Non entendemos por que se colocaron os bancos desta maneira, pero non nos dan ganas de volver, preferimos ir sentar noutro lugar. É unha mágoa, porque é unha praza recén inaugurada, pero non fan as cousas ben”, sostén o veciño lugués.
O arquitecto Guille Tort xa cuestionara hai meses o aspecto do novo mobiliario urbano do centro de Lugo e como este se integra no espazo. “Podo entender a intención de mellorar o centro, pero bastantes bancos da Praza de Ferrol están torcidos, porque non nivelaron o chan e algúns están en costa, polo que a xente que senta, vaise para un lado”.