A VI Copa Deputación de Fútbol Sala celebrarase en Lugo con 41 equipos participantes

LugoXa
A competición, que se disputará do 30 de agosto ao 2 de novembro, contará con clubs masculinos e femininos de diferentes categorías
Copa-Deputacion-Lugo
20 Aug 2025

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo presentou a VI Copa Deputación de Fútbol Sala, unha competición que se celebrará entre o 30 de agosto e o 2 de novembro e na que participarán un total de 41 equipos de diferentes categorías: 3ª División Nacional Masculina, Preferente Masculina, 1ª e 2ª Autonómica Masculina, Preferente Feminina e 1ª Autonómica Feminina.

O sorteo dos emparellamentos contou coa presenza de representantes dos clubs participantes e da Federación Galega de Fútbol en Lugo, coa asistencia do presidente Pablo Prieto, o vicepresidente Carlos Méndez e o responsable de fútbol sala na provincia, Iván Pico. Os representantes subliñaron que Lugo é a única provincia galega que organiza unha competición destas características, equiparando o fútbol sala ao fútbol campo.

A Deputación de Lugo destina a esta Copa unha achega de 22.830 euros, que se reparten entre os equipos en función dos partidos disputados e das eliminatorias superadas, cunha contía que vai dos 200 aos 385 euros. Ademais, establécense premios para os campións, entre 550 e 800 euros, e para os subcampións, entre 300 e 450 euros, dependendo da categoría.

O vicepresidente provincial, Efrén Castro, destacou que “co patrocinio desta competición reforzamos o apoio aos clubs de fútbol sala da provincia que, ademais de beneficiarse economicamente da participación, teñen a oportunidade de comezar a competir e traballar na posta a punto de cara á tempada”. Tamén reiterou o compromiso da Deputación cun deporte que, segundo subliñou, “goza dun gran nivel competitivo na provincia”.

Na categoría feminina de Preferente e Primeira División participarán nove equipos: Ribeira FS, Grupo Forma-T Vilalba FS B, Praias de Barreiros, Burela FS B, Os Meigallos, FSF Castro Semillas Sidipal B, SD Castroverde, SD San Lázaro e UD Pastoricense.

Na 3ª División Nacional Masculina e Preferente Masculina competirán trece clubs: Ribeira FS, Outeiro de Rei SD, O Korreo Guitiriz FS, Insuas do Miño Rábade FS, Grupo Forma-T Vilalba FS B, Praias de Barreiros CD, Fonsagrada FS, Os Meigallos FS, Club Deportivo Casás, PM Friol FS, ADC Lugo Sala Automóbiles Losada B, Castro FSF Carnemax e Club Lemos.

Por último, na Primeira e Segunda División Masculina tomarán parte 19 equipos: CD Chao, Castroverde FS, Samos FS, PM Friol FS B, Decotropic FS, O Korreo Guitiriz FS B, Outeiro de Rei SD B, Concello de Begonte FS B, Luisitalia, Cubelas, Puebla Futsal, Trabada Futsal, SD San Lázaro, Oural FS, Abella FC, A Lareira Os Meigallos FS B, Desguaces Herbón, Unión Caimán Yocreapptive Sala e FS Concello de Abadín.

⚙ Configurar cookies
0.19052600860596