A VI Feira L de Lugo reunirá en outubro a gastronomía, a hostalería e a alimentación

LugoXa
O encontro, organizado por ADISLUGO, celebrarase os días 25 e 26 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
Pazo-de-Feiras-e-Congresos-de-Lugo
10 Sep 2026

A Asociación de Distribuidores de Hostalaría e Alimentación de Lugo (ADISLUGO) prepara unha nova edición da Feira L de Lugo, un encontro que volverá poñer o foco na gastronomía, a hostalería e o sector da alimentación en Galicia.

A sexta edición da feira celebrarase os días 25 e 26 de outubro de 2026 no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, onde as empresas distribuidoras da provincia darán a coñecer os produtos e marcas cos que traballan habitualmente.

A programación desenvolverase durante dúas xornadas. O domingo 25 de outubro, a feira poderá visitarse entre as 12.00 e as 20.00 horas, mentres que o luns 26 permanecerá aberta de 12.00 a 21.00 horas.

A Feira L de Lugo nace así como un punto de encontro para profesionais e público interesado no sector, facilitando o contacto coas empresas distribuidoras e permitindo coñecer de preto diferentes produtos e marcas presentes no mercado da hostalería e a alimentación.

Desde ADISLUGO destacan o papel das distribuidoras de Lugo como elo entre os produtos e os establecementos, achegando ao sector hostaleiro as marcas e referencias que forman parte do seu traballo diario.

A cita permitirá, ademais, dar visibilidade á actividade das empresas distribuidoras da provincia e fortalecer as relacións dentro dun sector estreitamente ligado á economía e á actividade hostaleira de Lugo.

0.15241599082947