A VI Foliada da Fonsagrada contará cunha chea de actividades

LugoXa
Presentouse oficialmente na Casa do Concello o cartel da VI Foliada da Fonsagrada que terá lugar a primeira fin de semana de decembro.
foliada da fonsagrada 2021
11 Nov 2021

Presentouse oficialmente na Casa do Concello o cartel da VI Foliada da Fonsagrada que terá lugar a primeira fin de semana de decembro.

Este evento conta cunha programación chea de actividades que poñen en valor o patrimonio material e inmaterial e a cultura.

Dará comezo o venres 3 ás 11.00 horas cun roteiro polas montañas e ás 21.30 haberá unha cea para recuperar folgos. Xa o sábado a xornada iniciarase ás 11.00 coa apertura da foliada e a homenaxe a Florencia dos Vilares e Modesta de Noceda, así como a apertura da feira de artesanía.

Haberá pasarrúas de Kalandracas e Musicleta, e pola tarde será a quenda do cine na vila de Sergio da Veiga e O que queda de Nós. Despois, ás 17.00 horas haberá un obradoiro de baile tradicional a cargo de Rebeca Tallón, e acto seguido unha actividade de Apatacón.

Máis tarde haberá cantos de taberna e concertos de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, Galicia Fiddle, Os d'Abaixo e Habelas Hainas.

O domingo pola mañá será o obradoiro sobre Florencio dos Vilares e a sesión vermú, e pola tarde a presentación do libro O Toque pechado e o concerto de Fransy, Davide e Cibrán. Para rematar a foliada haberá unha butelada popular.

1 foliada da fonsagrada 2021

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18035316467285