A viaxe do Señor López chega este sábado a Becerreá

LugoXa
A obra de teatro A viaxe do señor López chega a Casa da Cultura de Becerreá este sábado 24 de setembro ás 21.00
A viaxe do señor lopez portada
21 sep 2022

A obra de teatro A viaxe do señor López chega a Casa da Cultura de Becerreá este sábado 24 de setembro ás 18.00. Esta obra de teatro esta destinada para público familiar.

O señor López é unha persoa solitaria, triste e gris. Un día calquera acontécelle unha desas cousas solitarias, tristes e grises tan características do mundo dos adultos e a partir dese momento todo cambia. Monta unha compañía de teatro. Aprende a contar chistes. Fala idiomas inventados. Viaxa nunha balsa por un mundo cheo de cores e alegría. O señor López convértese nun paxaro-inuit. Úneste á súa viaxe?

0.095029830932617