A vivenda, os servizos públicos, o sector agrogandeiro e o galego: as prioridades do BNG en Lugo
O Consello comarcal do BNG mantivo unha unha xuntanza de traballo, coa presenza da deputada Olalla Rodil na que analizaron algúns dos principais problemas que afectan agora mesmo os concellos da comarca e as liñas de traballo que imos desenvolver tanto a nivel social como institucional. Neste senso, fixaron como prioridades para os próximos meses a defensa dos servizos públicos, especialmente a sanidade e a educación. Din que unha parte importante dos concellos están vendo con se reduce a atención medica, carecen de pediatra…...
"Vémolo en Doiras, na Fonsagrada, na Ribeira de Piquín en Castro de Rei, Outeiro de Rei ou Cospeito. De igual maneira, vivimos un inicio de curso conflitivo pola falta de persoal docente en moitos centros da nosa comarca, especialmente para atender o alumnado con necesidades educativas especiais". Aseguran que os recortes do PP en servizos públicos están impedindo á veciñanza da nosa comarca contar con servizos de calidade o que vulnera os seus dereitos. Tamén loitan pola defensa do sector agrogandeiro, un sector económico estratéxico para a comarca, especialmente ameazado na comarca da Ulloa polo proxecto da macrocelulosa de Altri.
Desde o BNG seguirán denunciando as nefastas consecuencias que tería a instalación desta bomba ambiental e seguiremos apostando por un modelo de desenvolvemento industrial diferente, sostible e sobre todo ao servizo das galegas e galegos.
A vivenda será outra das prioridades. Destacan as cada vez maiores dificultades para acceder a unha casa, non só na cidade de Lugo, senón tamén en vilas como Sarria tanto pola falta de vivenda pública como pola cada vez máis crecente presión das vivendas turísticas. Culpa así ao PP na Xunta "que paralizou durante 15 anos a política social de vivenda".
Por último, sinalan a defensa da lingua galega vai ser un eixo central do traballo diante da caída en picado tanto do número de falantes como do grao de coñecemento que a mocidade ten da súa propia lingua. "Os datos do IGE evidencian que as políticas antigalego do PP están a negar e vulnerar os dereitos lingüísticos do pobo galego". Todas as propostas que trasladaron os membros do consello comarcal "veñen do traballo feito nas localidade, veñen do contacto directo coa veciñanza e do traballo da nosa militancia e simpatizantes”, recordou Olalla Rodil.