A Volta Ciclista poderase ver o venres 3 por Lugo
A Volta a España 2021 pasará pola cidade de Lugo o venres 3 de setembro na súa etapa número 19 que sairá de Tapia e rematará en Monforte.
A etapa de media montaña e de 191,2 km arrincará desde Tapia en Asturias, pasando por Vegadeo, Salgueiras, Santa Eulalia de Oscos, A Fonsagrada, Paradavella, Castroverde, Lugo, Pobra de San Xiao, Sarria, Rubián e Bóveda a entre outros, para finalizar en Monforte de Lemos.
Así en Lugo, entrarán pola estrada de Fonsagrada para subir pola rúa San Eufrasio, para amosar o viaduto da Chanca no seu 150 aniversario, xirarán á esquerda e subirán por Fontiñas ata a ronda das Mercedes, para despois baixar pola avenida de Madrid en dirección N-VI ata Nadela e a estrada de Sarria a LU-546.
Estímase que os ciclistas pasarán por Lugo arredor das 15.43 horas, sempre e cando circulen a 36 quilómetros por hora aínda que si a etapa se fixera máis rápido, algo difícil polo perfil montañoso da mesma, entrarían na capital lucense arredor das 15.33 horas.
CORTES DE TRÁFICO
No tramo de San Eufrasio estará prohibida a circulación nos dous sentidos, 45 minutos antes do paso do primeiro corredor (entre as 15:30 e as 16:00 h) e ata o paso do último corredor.
Afecta este corte tamén ás pistas de Camiño da Vía; Barrio de Xuiz e Galegos de Abaixo, así como o paseo do Rato – estrada provincial CP- LU-2925. Nese tramo, para o acceso ao Hospital universitario Lucus Augusti (HULA), deberán de utilizar a saída 497 da A-6 coa estrada de Meira N-640 ou a Avda. De Adolfo Suárez, ou a Rolda Norte.
A saída do Barrio da Chanca farase a través da Rúa da Chanca, Río Mosa e conexión cos aparcamentos nos terreos da antigüa Campsa na estación do tren. Para iso cambiouse a dirección da circulación sinalizado convenientemente.
A citada rúa San Eufrasio estará tamén cortada na súa ligazón con calle Conde Fontao no citado tramo horario e desvío cara a rúa Castelao e Miguel de Cervantes.
Na Avda. das Fontiñas, estará prohibida a circulación no sentido desde San Eufrasio a Rolda das Mercedes no horario citado. Nese tramo tamén está prohibido o estacionamento no carril esquerdo pegado á mediana desde as 00.00 horas do día 2 ata a tarde do día 3.
Na Rolda dás Mercedes prohíbese a circulación en sentido Avda. de Madrid así como o estacionamento de acordo coa sinalización aplicada, no mesmo horario.
Todas as vías transversais coa Avda. Das Fontiñas, Roldas Mercedes e a Avda. de Madrid desde a praza Fonte do Rei ata a glorieta Vítimas do Terrorismo, están afectadas con prohibición de acceso ás citadas anteriormente.
Colocouse sinalización nas vías próximas para desviar o tráfico. Isto afectaría á rúa Montero Ríos, carril de Caiñós, rúa Primavera, carril dos Indios, carril das Flores, que accederán a San Roque a través de Ramón Montenegro e carril das Hortas.
O tráfico de Xosé Ferro, Carril do Xuízo e Pena Anda, accede a San Roque por Catasol. O acceso a San Xillao realízase a través de Rúa Vilaverde e Rof Carballo. A rúa Montirón (antes de Avda. das Fontiñas) desvíase en Rof Codina e saída por Rei Don García.
Xa no acceso de Alfonso X á N-VIN a estrada estará cortada en dirección Madrid, xestionando a circulación de vehículos a Garda Civil de Tráfico.
Lembrar que o horario de máxima restricción para a circulación (de 15:30 h a 16.00 h) nas vías de paso e de estacionamento en Ronda das Fontiñas ( carril de paso da carreira) de 00.00 h do día 2 ata a tarde do día 3.