A Volta do agro Cultura Tradicional organiza un obradoiro de iniciación á técnica vocal aplicada ao canto tradicional

A Asociación A Volta do agro Cultura Tradicional impulsa un novo obradoiro de iniciación á técnica vocal aplicada ao canto tradicional, unha proposta formativa dirixida a persoas interesadas en mellorar as súas habilidades vocais neste ámbito.
A actividade será impartida por Ana Edreira e centrarase no traballo de aspectos fundamentais como a respiración, a proxección da voz, a articulación, a dicción e a expresividade, elementos clave para o desenvolvemento do canto tradicional.
O obradoiro celebrarase o domingo 12 de abril en horario de 16.30 a 18.30 horas e contará con prazas limitadas. O custo será de 20 euros para o alumnado da entidade e de 25 euros para persoas alleas que desexen participar nesta experiencia.
As persoas interesadas poden solicitar máis información ou formalizar a súa inscrición a través do correo electrónico obradoirosavolta@gmail.com.