A xornada formativa sobre festivais galegos contou con gran participación do sector cultural

LugoXa
A Facultade de Humanidades reuniu organizadores de eventos musicais para analizar o seu papel como motor de dinamización cultural
Anatomía-dos-Festivais-Galegos-Cultura-USC-Lugo
10 Apr 2026

A Facultade de Humanidades de Lugo foi escenario da xornada formativa Anatomía dos Festivais Galegos, unha iniciativa integrada na programación de Lugo Cultural, impulsada pola área de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello.

A actividade contou coa participación activa do alumnado do grao en Xestión Cultural e estivo coordinada pola xornalista e investigadora Montse Dopico. Ao longo da sesión reuníronse representantes da organización de distintos festivais procedentes de diversos puntos de Galicia, como a Foliada da Fonsagrada, A Rumboia de Abadín, Soa Suarna de Navia de Suarna, Entrepontes de Rábade, así como Facela Fest, Tele-clube e o Festival de Jazz de Lugo.

Durante a inauguración, a responsable de Cultura puxo en valor a orixe asociativa destes eventos, destacando que, máis alá da programación de música en directo en diferentes territorios, constitúen un elemento clave para a dinamización cultural e social das súas contornas.

A xornada permitiu reflexionar sobre o papel dos festivais como espazos de creación, participación e desenvolvemento cultural, así como sobre os retos e oportunidades que afronta o sector na actualidade.

0.11539578437805