A Xove Orquestra Terra Nova de Lugo celebra o seu terceiro aniversario cun concerto de Nadal
LugoXa
O evento terá lugar o 21 de decembro no Novo Auditorio Municipal e incluirá obras de Rimski-Kórsakov e Tchaikovsky

9 Dec 2025
A Asociación Xuvenil Xove Orquestra de Lugo organiza o Concerto de Nadal 2025, no que tamén se celebrará o seu terceiro aniversario, cun espectáculo pensado para toda a familia.
O concerto terá lugar o domingo 21 de decembro ás 19.30 horas no Novo Auditorio Municipal de Lugo Fuxan os Ventos.
Durante a actuación, os integrantes da orquestra interpretarán obras como Capricho Español Op.34 de Nikolái Rimski-Kórsakov e O Quebranoces Op.71 de Pyotr Ilyich Tchaikovsky, prometendo unha experiencia musical única para todos os asistentes.