A Xunta de Galicia impulsa a construción de 116 Viviendas de Promoción Pública en Lugo

LugoXa
Esta acción enmárcase dentro do programa de construción e rehabilitación de vivenda do Goberno galego, que busca impulsar diversas promocións de VPP
barrio-Paradai-Lugo
4 Feb 2025

A Xunta de Galicia acaba de formalizar un importante paso para o incremento do parque de Vivendas de Promoción Pública (VPP) en Lugo. O Consello da Xunta comunicou a recente formalización dun convenio de colaboración co Concello de Lugo, que permitirá a adquisición de seis parcelas para esta finalidade.

Este acordo, alcanzado entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e o municipio de Lugo, contempla que as parcelas pasarán a ser propiedade do IGVS.

Estas localízanse en distintas áreas da cidade, catro delas na rúa Paradai de Arriba, mentres que as restantes atópanse na rúa Illa Coelleira e na rúa Ángelo Colocci. Como parte do convenio, a Xunta de Galicia cederá en propiedade dúas parcelas situadas no polígono residencial de Lamas de Prado, na rúa Ramón Piñeiro.

A sinatura oficial do convenio está proxectada para o mes de febreiro, unha vez que se completen os últimos trámites necesarios por parte do Concello de Lugo.

Esta acción enmárcase dentro do programa de construción e rehabilitación de vivenda do Goberno galego, que busca impulsar diversas promocións de VPP non só en Lugo, senón tamén nas grandes cidades galegas e as súas áreas de influencia.

MÁIS INICIATIVAS EN LUGO

Ademais dos proxectos xa citados, a Xunta está a executar outras iniciativas na cidade, específicamente no barrio de Garabolos, onde recentemente se licitou a primeira promoción da Sociedade Pública de Vivenda de Galicia (Vipugal) para construír 145 novos fogares. Paralelamente, están en marcha as obras para dúas promocións adicionais que aportarán un total de 146 VPP.

O enfoque do Goberno galego tamén se estende á colaboración con distintos concellos para a cesión de solo urbanizado, permitindo así a expansión do parque de vivenda pública.

Neste sentido, a Xunta está involucrada na Estratexia galega de solo residencial, cuxo obxectivo é habilitar solo para a construción de 25.000 vivendas en Galicia (20.000 protexidas e 5.000 libres).

Específicamente en Lugo, na área do barrio do Sagrado Corazón, prevese o desarrollo de solo para 1.200 vivendas, estando en proceso a licitación do Proxecto de interese autonómico (PIA) necesario para tal fin.

Con esta iniciativa, a Xunta reafirma o seu compromiso de duplicar o parque público residencial nesta lexislatura, coa construción de 4.000 novas vivendas, das cales máis de 1.700 xa están en marcha.

0.18863892555237