A Xunta inviste máis de 38.000 euros na mellora da fachada do Xulgado Único da Fonsagrada

LugoXa
A actuación reforza o illamento do edificio xudicial respectando a súa construción tradicional de pedra, afectada pola climatoloxía da Montaña lucense
melloras-Xulgado-da-Fonsagrada
19 Dec 2025

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes destinou 38.200 euros ao acondicionamento da fachada do Xulgado Único da Fonsagrada, unha actuación coa que se buscou mellorar o illamento tanto dos paramentos exteriores como das fiestras do edificio. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o inmoble para comprobar o resultado dos traballos xa rematados.

A intervención desenvolveuse respectando as características arquitectónicas do edificio, unha construción tradicional de pedra que se vira especialmente afectada polas duras condicións meteorolóxicas do inverno na Montaña lucense. Os traballos incluíron a limpeza e o rexuntado das paredes, así como a aplicación dun tratamento hidrófugo destinado a protexer e impermeabilizar a fachada, ademais do selado das fiestras para reforzar o illamento.

Durante a visita, Javier Arias destacou que a Xunta de Galicia programa cada ano actuacións de conservación e mellora nos edificios xudiciais da provincia co obxectivo de garantir que tanto o persoal como os usuarios conten con instalacións máis confortables e eficientes.

⚙ Configurar cookies
0.083518981933594