A Xunta prepara a parcela para instalar o módulo do comedor no colexio Fingoi II de Lugo

LugoXa
Os traballos inclúen a execución da soleira e as conexións aos subministros coa previsión de trasladar a aula móbil antes de que remate a próxima semana
parcela-comedor-Fingoi-II-Lugo
Actualizada el 9 enero 2026, 07:59 horas
8 Jan 2026

A Xunta de Galicia está a levar a cabo os traballos de acondicionamento da parcela na que se instalará o módulo que dará servizo ao comedor do colexio Fingoi II, en Lugo. Segundo explicou o delegado territorial da Xunta na provincia, Javier Arias, durante esta semana están previstas as actuacións necesarias para executar a soleira e realizar as conexións aos subministros de electricidade, saneamento e abastecemento de auga. Porén, tanto o BNG como o PSOE pedíanlle hai uns días á Xunta que estivera listo para antes de que comezasen de novo as clases hoxe, 8 de xaneiro.

Arias indicou que a previsión é estender o pavimento de formigón nestes días, sempre que a situación meteorolóxica o permita, e proceder ao traslado da aula móbil antes de que finalice a vindeira semana. O módulo xa foi obxecto de distintos traballos previos nas instalacións do Centro Integrado de Formación Profesional das Mercedes, onde alumnado e profesorado dos ciclos superiores de Eficiencia Enerxética e Marketing se encargaron de acondicionar a climatización, planificar a distribución interior e deseñar os elementos decorativos exteriores.

O delegado territorial lembrou que a prestación do servizo de comedor corresponde ao Concello, aínda que a Xunta decidiu atender a demanda trasladada polas familias mediante unha solución provisional que cualificou de rápida e viable. Esta actuación concrétase nun acordo co Concello de Lugo, que cede o espazo necesario, mentres que o Goberno galego se encarga da instalación e do mantemento do módulo durante un período inicial de dous anos, con posibilidade de prórroga por un ano máis.

⚙ Configurar cookies
0.082119941711426