A Xuntanza Coral de Primavera chega ao Vello Cárcere

LugoXa
La Xuntanza Coral de Primavera llegará al Vello Cárcere de Lugo el 16 de abril. Empezará a las 19.30 horas.
vello carcere Lugo
16 Abr 2022

A Xuntanza Coral de Primavera chegará ao Vello Cárcere co obxectivo de mostrar a gran calidade das agrupacións corais de Lugo, un xénero que goza de gran tradición no Concello. A Xuntanza Coral de Primavera terá lugar o vindeiro sábado 16, a partir das 19.30 no Vello Cárcere. A entrada será gratuíta até completar a cabida do Cárcere.

A área de Cultura conta coas corais Ecos do Miño, Polifónica de Meira, Schola Gregoriana Lucensis e co Orfeón Xoán Montes de cara á realización desta xuntanza coral. Cada unha das agrupacións interpretará catro composicións. Trátase dunha actividade única para poder desfrutar das mellores corais de Lugo.

Programa Xuntanza Coral de Primavera

Coral Polifónica Ecos do Miño Astelu, director: Pablo Rico

  1. Unha Bágoa (F. A. Rey Rivero)
  2. Risos no ar (Pablo Rico)
  3. Quero un mar (Pablo Rico)
  4. Viento del norte (Nando e sergio Agüeros/Har. Pablo Rico)

 

Coral Polifónica de Meira, director Pablo Rico

  1. Río Miño (letra: Avelino Díaz, música: Pablo Rico)
  2. Só sei namorarme de ti (George Weiss, Hugo Peretti e L. Creatore; letra en galego: Pablo Rico)
  3. Foliada de Nadela (Fuxan os ventos; Har. Pablo Rico)
  4. Aleluia (Leonar Cohen)

Schola Gregoriana Lucensis, director: Nemesio Gutiérrez

  1. Assumpta est María (In Assumptione B.M.V.)
  2. La Tricotea (Cancionero de Palacio)
  3. Soberana María (Mateo Romer, 1575/1647)
  4. Date ei de Fructu (Tomás L. De Victoria, 1548/1611)

 

Orfeón Xoán Montes, director: Pablo Rico

  1. Negra Sombra (letra: Rosalía de Castro, música: Xoán Montes)
  2. Canto alegre (Pablo Sorozábal)
  3. El Menú, Carl Zöllner (letra en casteán: M. Arregui)
  4. Voga, Voga (Jesús Guridi, letra en galego: Pablo Rico)
0.19400811195374