A XVI edición Comercio na rúa celebrarase este venres 28

LugoXa
O vindeiro venres 28 de maio, Lugo acolle a XVI edición Comercio na rúa, organizada pola asociación de autónomas de Lugo.
cartel comercio na rua
27 Maio 2021

O vindeiro venres 28 de maio, Lugo acolle a XVI edición Comercio na rúa. Tendas de roupa, moda infantil, complementos, fogar e ópticas, entre outras, encherán rúas de Lugo para dar ao cliente unha forma diferente de comercio.

A organización da xornada está a cargo da asociación de autónomas e conta coa colaboración do Concello de Lugo, da Deputación, do servizo de audiovisuais TIC de Lugo e da federación de comercio de Lugo.

0.091242074966431