A XVI Festa do Viño de Negueira de Muñiz celebrarase o 18 de abril

A XVI Festa do Viño de Negueira de Muñiz terá lugar o vindeiro sábado 18 de abril de 2026 cun programa cheo de actividades para poñer en valor os produtos locais e a tradición vitivinícola da zona.
A celebración arrancará cun mercadiño de produtos da contorna, ao que seguirá, ás 13.00 horas, o pregón a cargo de Álex Gándara, director do documental '360 Curvas'. A continuación, os asistentes poderán gozar dunha degustación gratuíta de viños das adegas da zona, amenizada por un grupo de música tradicional.
Durante a xornada tamén se contará coa participación da zona de viño da IXP Terras do Navia e adegas convidadas de Ibias, reforzando así a promoción do sector vitivinícola da comarca.
A partir das 17.00 horas, a festa continuará cunha animada sesión musical a cargo de Beatriz e Tania co seu acordeón, pechando unha xornada pensada para todos os públicos.