A XXXVII edición da Feira do Queixo do Cebreiro xa ten data de celebración

LugoXa
O acto central da xornada chegará ás 13.00 horas coa lectura do pregón, que este ano correrá a cargo do alumnado do CPI Uxío Novoneyra
feira-queixo-pedrafita-cebreiro2
23 Mar 2025

Pedrafita do Cebreiro acollerá o vindeiro 18 de abril de 2025 a XXXVII edición da Feira do Queixo do Cebreiro, unha cita gastronómica e cultural de gran tradición, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

O evento, que xira arredor do emblemático queixo con Denominación de Orixe Protexida, contará cun variado programa de actividades que comezarán ás 09.30 horas coa apertura oficial da feira.

A partir das 11:00 horas, as rúas encheranse de música co pasarrúas a cargo da Charanga Louband, seguido, ás 12.00 horas, dunha actuación de baile rexional da man da Asociación Cultural Abrente de As Nogais.

O acto central da xornada chegará ás 13.00 horas coa lectura do pregón, que este ano correrá a cargo do alumnado do CPI Uxío Novoneyra, achegando un toque local e interxeracional a unha celebración que mestura tradición, cultura e sabor.

O evento está organizado polo Consello Regulador da D.O.P. Queixo do Cebreiro e o Concello de Pedrafita do Cebreiro, e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e ABANCA.

A Feira do Queixo do Cebreiro consolídase así como un escaparate dos produtos tradicionais galegos e un punto de encontro para veciños e visitantes que queiran gozar dunha xornada festiva no corazón de Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.19797801971436