Aberta a inscrición para novos cursos de formación en altura
O Programa +XTÍ 2023 abre o prazo de inscripción para que lucenses, entre 18 e 49 anos, se inscriban en diferentes actividades formativas completamente gratuítas a través do programa +Xti 2023 para. Este programa abre a posibilidade de formación para máis dun cento de lucenses da cidade.
Entre as opcións atopamos o curso de traballos de Altura que ofrece aos participantes todos os coñecementos referentes aos procedementos de traballo, así como ao uso dos equipos de protección individual. A formación de operario de carretilla elevadora que, se centrará en materia de seguridade, prevención de riscos laborais, mantemento, manipulación e conducción de carretillas.
Os cursos TELCO (tres especialidades: altura, espazos confinados e risco eléctrico de 6 horas cada un), no cal se capacita ao traballador para estar operativo e que preste servizos neste sector, cumprindo cos criterios e requisitos formativos establecidos no acordo TELCO das empresas de telecomunicacións. E finalmente a formación para levar a cabo traballos con Plataformas Elevadoras Móbiles de Persoal (PEMP) , podendo dar resposta a todos os Riscos e Factores de Risco que poidan darse durante a realización dos mesmos.
A formación desenvolverase do 20 de marzo ao 20 de abril, será de xeito presencial, no Polígono do Ceao, e contará cunha duración de 8 horas, salvo o curso de operario en telecomunicacións que será de 18 horas. As inscricións deben realizarse a partires do 6 de marzo, a través da seguinte web.