Aberta a inscrición para novos cursos de formación en altura

LugoXa
Aberta a inscrición para os novos cursos de formación en altura para lucenses con idade entre os 18 e 49 anos
formacion en altura portada
7 Mar 2023

O Programa +XTÍ 2023 abre o prazo de inscripción para que lucenses, entre 18 e 49 anos, se inscriban en diferentes actividades formativas completamente gratuítas a través do programa +Xti 2023 para. Este programa abre a posibilidade de formación para máis dun cento de lucenses da cidade.

Entre as opcións atopamos o curso de traballos de Altura que ofrece aos participantes todos os coñecementos referentes aos procedementos de traballo, así como ao uso dos equipos de protección individual. A formación de operario de carretilla elevadora que, se centrará en materia de seguridade, prevención de riscos laborais, mantemento, manipulación e conducción de carretillas.

Os cursos TELCO (tres especialidades: altura, espazos confinados e risco eléctrico de 6 horas cada un), no cal se capacita ao traballador para estar operativo e que preste servizos neste sector, cumprindo cos criterios e requisitos formativos establecidos no acordo TELCO das empresas de telecomunicacións. E finalmente  a formación para levar a cabo traballos con Plataformas Elevadoras Móbiles de Persoal (PEMP) , podendo dar resposta a todos os Riscos e Factores de Risco que poidan darse durante a realización dos mesmos.

A formación desenvolverase do 20 de marzo ao 20 de abril, será de xeito presencial, no Polígono do Ceao, e contará cunha duración de 8 horas, salvo o curso de operario en telecomunicacións que será de 18 horas. As inscricións deben realizarse a partires do 6 de marzo, a través da seguinte web.

Cartel +xti cursos
0.1971230506897