Aberta a inscrición para o obradoiro sobre as Comunidades de Montes Veciñais en Negueira de Muñiz
Está aberta a inscrición ao obradoiro gratuíto "Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais", en Negueira de Muñiz, de especial interese para persoas vinculadas estas entidades, pois dará a oportunidade de consultar dúbidas con especialistas e tratará modos de extraer maior rendemento a estas superficies e mellorar a súa xestión.
Consta de cinco xornadas temáticas, do 7 ao 11 de marzo en horario de tarde: Iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural, Gobernanza e organización cooperativa das CCMMVV, Fiscalidade, Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais e Instrumentos de ordenación ou xestión forestal.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamiento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
Os obxectivos deste obradoiro son impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes Veciñais, favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas entre produtores, divulgar e acadar o emprego da fórmula cooperativa como medio para potenciar e consolidar o seu desenvolvemento a medio prazo e espertar o interese de propietarios de terras e de persoas mozas desempregadas da contorna en activalas cara a un rendemento produtivo.
As persoas interesadas en asistir ao obradoiro en Lourizán poden inscribirse en www.agaca.coop