Aberta a inscrición para o torneo de xadrez de Semana Santa en Lugo

LugoXa
Abierta hasta el 1 de abril la inscripción para el torneo de ajedrez de Semana Santa que tendrá lugar el 3 de abril en Lugo.
Xaquedrum 2
28 Mar 2022

O Goberno de Lugo e a asociación cultural Xaquedrum continúan co ciclo de promoción do xadrez “Xadrez para todas”, cun novo torneo escolar e de partidas rápidas. Estas actividades nacen co obxectivo de “espertar a curiosidade e o interese polo xadrez, achegando ás familias sobre as vantaxes que a súa práctica representa sobre a dimensión educativa”, explicou Felipe Rivas.

O Torneo de Xadrez Escolar de Semana Santa terá lugar o vindeiro domingo 3 de abril, entre as 17.00 e as 19.30 no soto da Praza de Abastos. O torneo estará aberto á participación tanto de xogadores e xogadoras con elo FIDE e sen entrar na clasificación, na modalidade Open. O ritmo de xogo será de 15 minutos. As categorías serán sub8, sub10, sub12 e absoluta.

A inscrición para este torneo pecharase o vindeiro 1 de abril ás 20.00, e a información pode atoparse nas redes sociais e na web da asociación cultural Xaquedrum.

Felipe Rivas destacou “o grande interese que está a achegar o xadrez na poboación”, e engadiu “a práctica do xadrez supón un magnífico instrumento para adquirir unha maior axilidade mental e unha serie de habilidades sociais tales como a capacidade de concentración e de síntese, ademais de mellorar a memoria, o cálculo, a toma de decisións ou a creatividade”.

ACTIVIDADES XADREZ PARA TODAS

O 3 de abril comeza o Torneo de Xadrez escolar de Semana Santa que terá lugar no Soto da Praza de Abastos.

A praza maior será o escenario do Torneo de Xadrez escolar Festa Final o 17 de maio, mentres que o 18 de decembro acollerá o Torneo de Xadrez escolar Nadal.

Xaque nas aulas é a actividade que se desenvolverá nas escolas de infantil e nos colexios públicos de Lugo dende o mes de marzo ata decembro. Este programa achega o xadrez ás aulas infantil e primaria para formar, durante tres sesións, aos alumnos de 5º,6º de infantil e 1º de Primaria na práctica do xadrez, tendo en conta dos indubidables efectos positivos que esta disciplina ten para os estudantes, tanto a nivel persoal como intelectual.

O xadrez xigante da praza maior será o taboleiro da actividade Xadrez Xigante e baúl viaxeiro do luns ao venres dende o 2 ao 22 de xuño. Nesta actividade ofreceranse clases de xadrez, xadrez convencional e biblioteca itinerante para os máis pequenos.

Outra das actividades que acollerá a cidade de Lugo é a Viaxe pola historia do Xadrez na praza do Castiñeiro de luns a venres do 1 ao 15 de xullo.

Para rematar o ciclo, no mes de setembro levarase a cabo a Volta ao Cole Divertido na praza Maior. A actividade terá lugar de luns a venres do 1 ao 30 de setembro.

0.17006897926331