Aberto o prazo de inscrición para o programa Portomarín Concilia

LugoXa
Abierto el plazo de inscripción para el programa Portomarín Concilia. Está dirigido a las familias del ayuntamiento.
portomarin cartel letras
portomarin cartel letras
30 Nov 2021

Xa se poden realizar no Concello de Portomarín as inscricións para o programa Portomarín concilia.

O obxectivo deste novo servizo para os veciños é o de facilitar a conciliación familiar entre pais, nais e fillos. Conta con diversos tipos de actividades para os nenos e nenas do Concello. Por un lado, están as extraescolares que xa se ofertaron en anos anteriores, a novidade neste, son os horarios, xa que foron pensados para facilitar o acceso das mesmas aos nenos sen ter que vir os pais a buscalos e recollelos entre horas, é dicir, unha vez rematado o horario escolar o neno queda no colexio para realizar a actividade á que está apuntado.

Por outra banda, estréase no concello o Plan Madruga dando servizo aos nenos no Colexio dende ás 7.45 da mañá. Ademais, coa celebración do Nadal, o Concello pon a disposición dos nenos un Campamento dende o 23 de decembro ata o 7 de xaneiro onde poderán facer diferentes actividades, obradoiros e xogos con temática navideña.

Os veciños do Concello poden inscribirse a unha actividade, a dúas ou a todas as de este programa.

0.19555497169495