Abre a campaña extractiva da centola e do boi

TerraChaXa | LugoXa
A Consellería do Mar abre a campaña extractiva da centola e do boi na provincia de Lugo.
2 Dec 2019

A Consellería do Mar abre a campaña extractiva da centola e do boi na provincia de Lugo. Na área que vai desde o cabo Estaca de Bares (na provincia da Coruña) ata o río Eo -incluíndo a ría do Barqueiro-, a frota que se dedica á extracción destas especies pode calar os aparellos a partir das 00.00 horas desta madrugada e levar as especies á lonxa mañá luns.

A campaña destes crustáceos na provincia lucense prolongarase ata o inicio da veda do ano 2020, que se fixará a través do correspondente plan de xestión.

A extracción nas provincias de A Coruña (desde cabo Corrubedo ata cabo Estaca de Bares) e Pontevedra (de cabo Corrubedo á Guarda) comezou xa o pasado 11 de novembro e estenderase tamén ata a data que fixe o plan de xestión do próximo ano.

A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 quilos por barco e día, ao cal se engadirán 35 quilos ao día por cada  tripulante enrolado e a bordo. Poderán participar na campaña todas as embarcacións con artes menores e con porto base nesta comunidade así como aquelas que, tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.

0.13521409034729