Abre a inscrición para o programa Madrugadores de Castroverde

LugoXa
O Concello de Castroverde pon en marcha o programa Madrugadores para o próximo curso escolar para axudar a conciliación familiar
Programa madrugadores castroverde portada
Programa madrugadores castroverde portada
18 Ago 2022

O Concello de Castroverde pon en marcha o programa Madrugadores para unha mellor conciliación da vida familiar coa laboral. 

O programa comeza o 8 de setembro e terá un horario de 7.00 a 9.15 durante todos os días lectivos. O lugar será o salón de acto do CPI Plurilingüe de Castroverde e terá un carácter gratuito. Os nenos poderán levar almorzo da casa. 

As inscricións realizaranse nas oficinas do Concello. 

Programa madrugadores castroverde
0.18924188613892