Abre a inscrición para un obradoiro de estimulación cognitiva para adultos en Lamas de Prado

LugoXa
O programa celebrarase en horario de mañá, os luns e mércores, entre as 11.15 e as 12.15 horas
programa-entrenando-corpo-e-mente
14 Jun 2026

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Servizos Sociais, abrirá do 17 ao 23 de xuño o prazo de inscrición para participar no obradoiro de estimulación cognitiva Entrenando corpo e mente, unha actividade dirixida a persoas adultas que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto no Centro de Convivencia de Lamas de Prado.

O programa celebrarase en horario de mañá, os luns e mércores, entre as 11.15 e as 12.15 horas, e contará cun número limitado de prazas, polo que as persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición dentro do período establecido.

Esta iniciativa ten como obxectivo promover un envellecemento activo e saudable mediante a combinación de exercicios orientados á estimulación das capacidades cognitivas e á mellora do benestar físico. Ao longo das sesións traballaranse aspectos como a memoria, a atención e a concentración, ao tempo que se realizarán actividades enfocadas á coordinación, a flexibilidade e o movemento corporal.

Desde a Concellería de Servizos Sociais destacan a importancia de fomentar este tipo de propostas, que contribúen a manter activas tanto a mente como o corpo e favorecen a participación social das persoas adultas.

O obradoiro forma parte das actividades municipais destinadas á promoción da saúde e do benestar da cidadanía, ofrecendo un espazo de aprendizaxe, exercicio e convivencia durante os meses de verán.

0.12195706367493