Abre nas Pontes o prazo para solicitar as achegas do Pel Reactiva

TerraChaXa | LugoXa
O Concello das Pontes abre maña, 4 de novembro, o prazo para solicitar as achegas do PEL Reactiva da Deputación da Coruña.
3 Nov 2020

O Concello das Pontes abre maña, 4 de novembro, o prazo para solicitar as achegas do PEL Reactiva da Deputación da Coruña.

A finalidade destas axudas é financiar os gastos correntes das persoas traballadoras por conta propia ou autónomas e ás microempresas radicadas no Concello das Pontes, directamente afectadas pola crise sanitaria ocasionada pola covid-19, e a entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declarou o estado de alarma e as súas posteriores prórrogas.

Estas axudas van dirixidas a per soas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/ as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica. As subvencións, compatibles con outras prestacións municipais, oscilarán entre os 1.500 euros para traballadores por conta propia sen traballadores ao seu cargo e os e os 3.000 euros aos que poden optar as microempresas e autónomos/as que conten cun cadro de persoal de entre 6 e 9 traballadores/as.

Os fondos poderán ser destinados, entre outras cuestións, a gastos de adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade derivada da pandemia como pode ser a compra de paneis de protección, a adquisición de produtos hixiénicos e de limpeza, material antiséptico ou desinfectante, así como a gastos correntes de subministracións de auga, luz, gas, etc.
As solicitudes deben presentarse por vía telemática a través da sede electrónica do Concello. O prazo de presentación de solicitudes finalizará ás 14:00 horas do día 25 de novembro de 2020.

As bases para solicitar estas axudas poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia 123 con data 5 de agosto de 2020 na páxina web www.dicoruna.es ou na páxina do Concello de As Pontes http://concello.aspontes.org/

0.14554619789124