Abre o período de inscrición para as Casas das Linguas de Lugo

LugoXa
As persoas que desexen anotarse a algún dos cursos ofertados deberán presentar a documentación necesaria
casa-das-linguas-lugo
casa-das-linguas-lugo
6 Xuño 2024

Abre o período de inscrición nas casas das linguas para o curso 2024-25, que se estende ata o vindeiro día 21 de xuño para as dúas Casas das Linguas municipais. As persoas que desexen anotarse a algún dos cursos ofertados (galego, portugués, inglés, francés, alemán e linguaxe de signos) deberán presentar a documentación necesaria: fotocopia do DI, folla de inscrición, fotografía de tamaño carné e xustificante de pago de taxas para os maiores de 14 anos.

Ademais terán que presentar a autorización familiar e fotocopia do DI do pai, nai ou titor legal no caso das menores de idade. Cada grupo contará con 20 prazas para adultos e 15 prazas para nenas e nenos. Entre o 27 de xuño e o 8 de xullo terá lugar o prazo de formalización de matrícula, unha vez publicadas as listaxes de admisión aos cursos, e en caso de quedar prazas vacantes, realizarase un novo procedemento entre o 20 de agosto e o 3 de setembro. As clases darán comezo o 11 de setembro e rematarán o 20 de xuño de 2025. Pode consultarse máis información no blog das casas das linguas municipais.

0.18778800964355