Abre o prazo de inscrición para os cursos de xoiería e tear de alto lizo no Centrad

LugoXa
A selección de participantes realizarase por rigorosa orde de inscrición
artesania_lourdes_otero_centrad
1 Oct 2024

Este mércores -2 de outubro – abre o prazo de inscrición nos cursos de técnicas básicas de xoiaría e tear de alto lizo, formacións gratuítas  impulsadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que se desenvolverán do 14 de outubro ao 25 de novembro nas instalacións do Centro de Artesanía e Deseño. O curso de técnicas básicas de xoeiría, impartido por Estefanía Gazol Valcárcel, complementa ao desenvolvido o pasado mes de abril, afondando en coñecementos e novas técnicas tradicionais sobre o traballo a realizar no obradoiro de xoiaría: fabricación de volumes, aplicación de texturas ou acabados.

O curso de tear de alto lizo, impartido por Lourdes Otero Mato, ofrecerá unha visión xeral do taller e unha introdución nos procedementos básicos do tecido en alto lizo,  para o que cada alumno/a montará  o seu tear e confeccionará unha peza. As persoas interesadas poden presentar as solicitudes ata o 9 de outubro -ás 15:00 horas-, coa ficha de inscrición dispoñible na web da Deputación de Lugo.

A selección de participantes realizarase por rigorosa orde de inscrición e só se admitirán as solicitudes remitidas dentro do prazo establecido. Con estes cursos complétase o programa de formación posto en marcha polo Centro de Artesanía e Deseño, co que se impartiron, no primeiro semestre do ano, outros tres cursos de técnicas básicas de xoiería, xoeiría creativa e tear de baixo lizo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18579387664795