Abre unha nova exposición no Vello Cárcere de Lugo

LugoXa
O Vello Cárcere abre as portas dunha nova exposición, As pequenas cousas, que se pode visitar a partir do día de hoxe.
o vello carcere lugo
1 Xul 2021

O Vello Cárcere abre as portas dunha nova exposición, As pequenas cousas, que se pode visitar a partir do día de hoxe até o 30 de setembro. A mostra consta de 26 obxectos e 13 fotografías, recompiladas durante máis de 10 anos de investigación, e que foron utilizados polas familias das persoas que foron asasinadas ou desaparecidas, ou cando estiveron no cárcere ou no exilio, para lembrar aos seus seres queridos.

A mostra busca dar a coñecer o noso pasado a través de obxectos e fotografías coas que poder aprender algo máis da memoria histórica.

A mostra poderá visitarse nas celas de mulleres do Vello Cárcere até o 30 de setembro.

0.096930027008057