Abren as inscricións para "Ocio en Familias", unha iniciativa de lecer compartido para pais e fillos

LugoXa
O programa, integrado en Lugo +XTi 2026, desenvolverase entre o 16 de xullo e o 5 de agosto con actividades familiares e sesións formativas gratuítas
uxio-novoneyra-esmusa-Lugo
2 Jul 2026

O Concello de Lugo abriu o prazo para participar en "Ocio en Familias", unha das actividades incluídas no programa Lugo +XTi 2026 e orientada a familias con nenas, nenos e adolescentes. A proposta busca favorecer a convivencia familiar, promover o lecer compartido e impulsar hábitos de vida saudables.

A iniciativa levarase a cabo entre o 16 de xullo e o 5 de agosto no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, concretamente no segundo andar, na sala C. As actividades desenvolveranse de luns a venres en horario de 17.00 a 20.00 horas, mentres que os sábados celebraranse de 11.00 a 14.00 horas.

A programación incluirá diferentes propostas lúdicas, creativas e deportivas deseñadas para realizar en familia. Ademais, o calendario contará con tres sesións de relatorios abertas ao público nas que persoas especialistas tratarán temas de interese para pais, nais e titores.

A primeira sesión terá lugar o 16 de xullo e centrarase na prevención de adiccións, coa participación de Brais Romanos. O 23 de xullo abordarase a xestión de conflitos e a comunicación materno/paterno-filial nunha charla impartida por Amalia de Otto. Finalmente, o 30 de xullo desenvolverase unha sesión sobre a relevancia da actividade física durante a infancia e a adolescencia, a cargo de Sinda Fernández.

A participación será gratuíta e as inscricións formalizaranse no propio inicio da actividade. No caso das sesións formativas, a entrada será libre ata completar a capacidade dispoñible na sala.

As persoas interesadas poderán ampliar información a través da páxina web lugomasxti.org ou chamando ao teléfono 982 297 498.

Esta acción enmárcase dentro do programa Lugo +XTi 2026, financiado pola Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, mediante o que o Concello impulsa alternativas de lecer saudable e iniciativas preventivas destinadas á mocidade e ás familias.

0.14065790176392