Acisa Ribadeo organizou máis de 30 actividades este ano

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Acisa Ribadeo fai un balance positivo do ano 2019, no que organizou mais de 30 actividades, colaborou en mais de 10 eventos doutras entidades, inxectou na economía asociada arredor de 16.
31 Dec 2019

Acisa Ribadeo fai un balance positivo do ano 2019, no que organizou mais de 30 actividades, colaborou en mais de 10 eventos doutras entidades, inxectou na economía asociada arredor de 16.000 euros en vales de compra e investiu mais de 15.000 euros en diferentes materiais para os seus asociados e asociadas.

Segundo explica o xerente, Jesús Pérez, “neste ano organizamos mais de 30 actividades de dinamización comercial e hostaleira, tres delas, As Panchas, O Ribadeo Indiano, e RibaXogo, en colaboración co Concello de Ribadeo;  colaboramos con mais de 10 actividades de tipo deportivo, cultural... como o Torneo de Veteranos, coa SD Ribadeo, coa Semana Santa..., actividades que atraen potenciais clientes. Foi o ano no que mais diñeiro inxectamos na economía local da vila con mais de 16.000 euros para que os veciños e veciñas os gastaran en Ribadeo. Ademais mantemos a cifra de asociados en 160, grazas á nosa capacidade de seguir atraendo negocios a asociación”.

O presidente, Francisco Iriarte, subliña que “foi un ano moi intenso, temos que destacar as actividades en colaboración co Concello, grazas a elas puidemos dar 10.000 euros aos clientes na campaña das Panchas, encheuse Ribadeo o domingo de Indianos con mais de 12.000 persoas na vila, e este Nadal centos de pícaros desfrutan de RibaXogo. Sen esquecer as actividades propias, fora das habituais campañas coma a exitosa Festa do Comercio, os día do pai e da nai, o de san Valentín, o Domingueo en Ribadeo, as xornadas gastronómicas, ou Mercado de Rúa. Neste 2019 tivemos novidades como foi a campaña do Mes do Aforro ou o Mes do Tapeo, e por suposto o material gratuíto para socios”.

Iriarte dixo que “seguimos apostando pola entrega de materiais gratuítos aos nosos socios e socias como un dos grandes beneficios de ser membro, deste xeito repartimos materiais para as rebaixas, rueiros, bolsas, vasos de indianos, material decorativo para o Ribadeo Indiano, pegatinas, servilletas, papel de regalo.... pouco a pouco aumentamos os presupostos para que durante todo o ano os socios teñan á súa disposición materiais que lles axudan a aforrar custes nas súas empresas”.

O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos indicou que “o 2019 foi un ano de novidades. Comezamos coa maior Festa do Comercio sorteando 5.000 euros en premios. Xunto co Concello fomos presentar o Ribadeo Indiano a Fitur, puxemos en marcha a campaña das Panchas e puidemos levar a dúas persoas a Cuba sorteando unha viaxe tras o concerto de Compay Segundo no Ribadeo Indiano, iniciativa para a que se repartiron 200.000 papeletas. A campaña do Mes do Aforro, que xurdiu coa colaboración de Grupo Valcarce, e na que se repartiron 10.000 tarxetas desconto, tivo unha estupenda acollida. E a do Mes do Tapeo foi un éxito, superando o numero de participantes previsto tendo en conta que era a primeira vez que dende ACISA organizabamos unha actividade así. Outra mostra de todo o traballo que facemos desta a asociación son as mais de 800 novas publicadas nos diferentes medios de comunicación ou as mais de 1,2 millóns de visualizacións do noso facebook”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.213623046875