Actúan na conservación do río Navia

LugoXa
A Confederación Hidrográfica del Cantábrico iniciou os traballos de mantemento e conservación no río Navia nas inmediacións de San Martiño de Ribeira
rio_navia
rio_navia
8 Xul 2024

A Confederación Hidrográfica del Cantábrico iniciou os traballos de mantemento e conservación no río Navia nas inmediacións de San Martiño de Ribeira, no municipio de Cervantes. Estas actuacións contan cun orzamento inicial de 3.500 euros e execútanse ao longo de 130 metros de leito, co obxectivo de retirar árbores caídas ou en risco de caída e adecuar a vexetación de ribeira, co fin de evitar a formación de tapóns e manter a capacidade de desaugadoiro do leito.

Estes traballos realízanse a través da empresa pública Tragsa dentro do Programa de mantemento e conservación de leitos que desenvolve a Confederación Hidrográfica do Cantábrico fóra das zonas urbanas, xa que nas zonas urbanas os labores de conservación e mantemento de leitos son competencia dos concellos. Ata o 1 de xuño de 2024, en Lugo, o investimento realizado en traballos de conservación e mantemento de leitos ascendeu a 119.225,13 euros, distribuídos en 12 actuacións en 5 municipios.

0.12435007095337