Adamo leva a Fibra Óptica máis rápida a catro parroquias de Ribadeo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Adamo continúa levando a Fibra Óptica máis rápida á Mariña lucense, en concreto ao Concello de Ribadeo.
116505861_2666089006990444_1588095620581044866_n
14 May 2020

Adamo continúa levando a Fibra Óptica máis rápida á Mariña lucense, en concreto ao Concello de Ribadeo.

O núcleo de Ribadeo ten acceso á fibra e ademais estanse estendendo ás diferentes parroquias. Actualmente teñen presencia en Ove, Piñeira, Ribadeo e Vilaselán.

Excepto o núcleo principal de Ribadeo, non están cubertas todas as parroquias aínda pero seguen traballando no despregamento.

A prioridade de Adamo, que comezou fai dous anos a desenvolver o seu plan en Galicia, é actuar nas áreas rurais que carecen de banda ancha, como xa fixo en zonas de Mondoñedo, Foz, Barreiros, Burela e varias parroquias de Viveiro. Os destinos nos que actuar selecciónanse pola iniciativa popular que se atopa na súa web e na que a xente fai unha petición.

Seguen centrando os seus esforzos no rural, xa que a conectividade a Internet é deficitaria, e por suposto por unha firme aposta polo desenvolvemento e estabilización destas poboacións.

Para poder levar a fibra óptica a estes lugares utilízanse as canalizacións e infraestruturas de Viesgo na súa área de influencia.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19081497192383