Adega organiza un debate sobre a Rolda Leste que contará coa presenza das formacións políticas con representación

LugoXa
Adega organiza un debate sobre a Rolda Leste que contará coa presenza das formacións políticas con representación
Adega Pulmon verde portada
Adega Pulmon verde portada
23 mar 2023

Dentro da campaña Salvemos o pulmón de Lugo que está realizando a asociación ecoloxista Adega o vindeiro martes 28 de marzo organiza no salon de actos da Uned un debate político en torno ao proxecto de construción da Rolda Leste.

O acto dará comezo ás 19.00 e tamén será retransmitido en directo a través da canle de YouTube de Adega.

Nestre encontro estarán presentes as diferentes formación politicas con presenza no goberno municipal e os participantes serán Rubén Arroxo tenente de alcaldía polo BNG no Concello de Lugo, Juan Vidal-Pardo concelleiro e portavoz do grupo municipal Ciudadanos Lugo, Miguel Fernández concelleiro e portavoz do PSOE no Concello de Lugo, e Antonio Ameijide concelleiro e portavoz do PP no Concello de Lugo.

O encontro será moderado por Froilán Pallín secretario xeral de Adega.

Cartaz a rolda leste levada a debate