Adega presentará aos veciños as alegacións contra a planta de Coeses

LugoXa
O acto desenvolverase no local social de Soñar e estará dirixido á veciñanza e a todas as persoas que teñan interese en coñecer o proxecto
reunión_veciños_planta_coeses
Reunión dos veciños afectados coa Federación Veciñal de Lugo
5 Xul 2024

A delegación de Lugo de Adega convoca un acto público para presentar as alegacións elaboradas ao proxecto da planta de xestión de residuos orgánicos e biometanización en Lamablanca (Coeses). Nel poñerá a disposición da veciñanza as alegacións ao proxecto para que as presente no período de información pública establecido, que remata o vindeiro mércores, 10 de xullo.

O acto desenvolverase no local social de Soñar (no campo da festa) este luns 8 de xullo a partir das 20.00 horas, e estará dirixido á veciñanza e a todas as persoas que teñan interese en coñecer o proxecto e as alegacións elaboradas por Adega.

0.18481397628784