Adrián Núñez, antigo xogador do CB Breogán: “Nin no baloncesto nin nos xulgados me gusta saír derrotado”

Por Diego Rouco
Moitos son os xogadores que pasaron polo mundo do CB Breogán (Manel Sánchez, Jimmy Wright, Mussa…). Pero imos fixarnos nun en concreto, o seu nome é Adrián Núñez Fernández.
Foi coñecido no mundo do baloncesto como Adrián Núñez (Lugo, agosto 1984), que levou a camiseta celeste no 2003 e no 2005 na posición de escolta.
A que idade comezou a xogar ao baloncesto?
Empecei dende moi pequeno, cuns 5 anos no Colexio Maristas de Lugo e uns amigos foron os que sacaron a miña afección ao baloncesto.
Cal foi a súa traxectoria nas distintas categorías en que xogou?
Xoguei en varias. Na ACB empecei no Breogán con 17 anos, no ano 2003, co adestrador Andreu Casadevall, que foi o seu último como adestrador. Nesa tempada, fixen unha xogada de 10 segundos que nunca esquecerei. Tamén estiven nos equipos EBA, como Estudantes ou Chantada, vinculados ao Breogán. Un ano estiven en Calpe, onde que xoguei na ata decembro na LEB OURO, e despois estiven en Palencia. Volvín o CB Breogán no 2005, con Pete Mickeal.
Que adestradores e compañeiros foron os que marcaron a súa traxectoria no mundo de baloncesto?
Non sei dicir, xa que foron moitos cos que xoguei e fixen moitos amigos.
Cantos partidos xogou na ACB?
Hai uns días publicaron unha estatística de xogadores lucenses que estiveron na ACB e eu saín no 9º posto e con 8 partidos xogados.
Que diferenzas atopa no Breogán de agora co de antes?
Noto cada día máis, xa que o tema vai por axente, e non director deportivo. Non hai xogadas programadas nin se sabe a xente o quinteto inicial. Só hai 12 xogadores. A xente non os coñece, só polo grito na pantalla ou do Speaker. Antes vías as caras e recoñecías a Sabonis, Epi, Corbalán, Romay... e agora non.
Que opina da afección e das melloras, como o vídeo marcador?
A afección é o mellor que ten o Breogán, o que máis sona. O vídeo marcador está bén, pero facía falta outras cousas, como arranxar as goteiras, as humidades... E no anexo, dito por pais, fan falta vestiarios, aseos, climatizar o ambiente...
Agora que non é xogador, a que a dedica?
Traballo nun bufete de avogados e nunha asesoría, pero sigo vinculado ao Breogán, xa que somos socios e miña muller, eu e un neno de 2 anos que será máis afeccionado que nós.
Practica outros deportes?
Si, algúns.
Sen contar o Breogán, quen quere que gañase este ano a Liga?
Gustaríame que gañase o Valencia Basket, pois o seu socio máis influínte fixo un pavillón decente para o Valencia, tamén pola presenza dos seus xogadores canteiráns, como Padilla, e o feito de fichar xente nova. Gustaríame que chegara á EUROLIGA e nun posto da Liga moi bo.