Adrián Vázquez sostivo que “o que está facendo a alcaldesa de Lugo cos fondos europeos é inaceptable”

LugoXa
O PP de Lugo reuniuse coa Asociación Lugo Monumental, e na que participou o eurodeputado do PP, Adrián Vázquez Lázara
PP-con-Lugo-Monumental-Fondos-Europeos-Lugo
30 Out 2024

O PP de Lugo reuniuse coa Asociación Lugo Monumental, e na que participou o eurodeputado do PP, Adrián Vázquez Lázara, xunto coa voceira popular Elena Candia e concelleiros do Grupo Popular, nun encontro no que se acordou trasladar á Unión Europea a situación derivada dos fondos europeos destinados ao casco histórico da cidade.

Os retrasos das intervencións e a falta de planificación "están provocando peches de comercio local, como o que coñecíamos esta mesma semana que establecía unha relación de causa con estas obras, así como sucesos que afectan á seguridade da veciñanza con caídas frecuentes, por mor das obras", explican.

Por iso, din que os comerciantes "están preocupados porque as obras de peonalización, financiadas por Europa, lonxe de apuntalar o crecemento e a dinamización desta zona, está a provocar incertezas e graves prexuízos, como así o reflicten os transtornos que provocan nas actividades económicas".

O eurodeputado Adrián Vázquez, tras escoitar aos representantes de Lugo Monumental, reflexionaba que “o que está facendo a alcaldesa de Lugo cos fondos europeos é inaceptable”, engadindo que “o diñeiro europeo está para o que está: ou serve para impulsar e modernizar as nosas cidades, ou non serve para nada”.

A voceira popular explicou que “os recursos europeos deben ser sinónimo de progreso e non de despilfarro, e que deberían servir para mellorar a calidade de vida dos lucenses, cando a realidade dos proxectos que o PSOE e o BNG fixeron en Lugo son unhas caldas pechadas, un edificio verde sen utilidade e un carril bici deteriorado e sen uso; polo que seguimos pagando cartos", concluíu.

0.19845795631409