Adxudicada a cafetería do CEI, que retomará a súa actividade nas vindeiras semanas

LugoXa
O Concello de Lugo rebaixou o canon a 500 euros ao mes
visita-cafeteria-cei-nodus
21 Out 2024

A Xunta do Goberno Local aprobará o mércores a adxudicación da cafetería do Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus), polo que a nova concesionaria retomará a súa actividade nas vindeiras semanas. O Concello de Lugo rebaixou o canon a 500 euros ao mes e finalmente a oferta da nova adxudicataria pagará 706 euros mensuais. Tamén variou a acreditación da experiencia previa no sector, de cinco ata os últimos 10 anos, ademais de permitir o peche do establecemento 15 días ao ano, condicións que fixeron máis atractiva a concesión deste servizo.

Recentemente, o Concello organizou unha xornada de portas abertas con empresarios de hostalería para coñecer as instalacións e o equipamento, como parte do proceso de adxudicación desta dotación municipal, que houbo de ser retomado con novas e vantaxosas condicións para facer máis atractiva a concesión.  Así, rebaixouse o canon a 500 euros ao mes, e trala presentación de varias ofertas se escolleu a máis vantaxosa, que establece unha cota mensual de 706 euros ao ano.

Tamén se ampliou o requisito da experiencia previa en hostalería ata os últimos 10 anos, cando no primeiro proceso se esixía que esta fose demostrable nos últimos 5 anos. A duración da concesión que se adxudicará o mércores será dun mínimo de dous anos, a partires da sinatura da acta de inicio da explotación. Ademais, rematado este período, poderase prorrogar por acordo mutuo das partes por un máximo anual de ata oito anos máis, sen que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, poida exceder de dez anos.

0.19490480422974