Adxudicadas as obras de mellora das beirarrúas de Castro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Castro de Rei adxudicou estes días a primeira fase da obra das beirarrúas da capitalidade municipal á empresa Contratos y Servicios Castro por importe de 85.
arbol
17 Nov 2020

O Concello de Castro de Rei adxudicou estes días a primeira fase da obra das beirarrúas da capitalidade municipal á empresa Contratos y Servicios Castro por importe de 85.305 euros.

As obras, que terán un prazo de execución previsto de dous meses, iniciaranse neste mes de novembro e con elas preténdese reformar as beirarrúas existentes na principal vía de comunicación da vila de Castro de Rei, dende o inicio da rúa Alcalde Emilio Sinde Nieto, ata a intersección coa rúa Manuel Becerra, favorecendo o tránsito peonil en ambas marxes.

O obxetivo desta obra á a creación dunhas estructuras de paso en bo estado que permitan unha circulación segura facilitando condicións de accesibilidade e comodidade e igualmente mellorando a súa estética, aspectos que se levarán a cabo mediante a demolición do pavimento de baldosa e bordillos existentes colocando pezas prefabricadas de bordillo e capa de formigón con acabado tipo raiado, de xeito que o pavimento resultante poida cumprir coa normativa vixente de accesibilidade.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18187403678894