Adxudican tres parcelas máis no polígono das Gándaras

LugoXa
A Xunta de Galicia adxudicou 3 parcelas, cunha superficie total de 4.366 metros cadrados, a 2 empresas no polígono industrial das Gándaras.
poligono as gandaras Lugo
poligono as gandaras Lugo
25 Maio 2023

A Xunta de Galicia adxudicou 3 parcelas, cunha superficie total de 4.366 metros cadrados, a 2 empresas no polígono industrial das Gándaras (Lugo) por un importe de preto de 270.000 euros.

No marco do concurso de venda de solo empresarial de 2023, o Goberno galego adxudicou un total de 57.845,08 metros cadrados en oito polígonos industriais por preto de 5,3 millóns de euros, logo de aplicarse bonificacións de entre o 30% e o 50%.

Unha vez concluído este procedemento e ata a convocatoria do próximo concurso, Xestur poderá vender de forma directa as parcelas non adxudicadas ás empresas que estean interesadas nelas, pero sempre coas mesmas condicións e prezos fixados nas bases do concurso.

0.19202494621277