Afalu Alzhéimer organiza en Lugo unha formación sobre a atención centrada na persoa

LugoXa
Afalu Alzhéimer organiza en Lugo unha formación gratuíta sobre a atención centrada na persoa.
15 Abr 2024

Afalu Alzhéimer organiza en Lugo unha formación gratuíta sobre a atención centrada na persoa. Neste curso formativo abordarase a teoría sobre o modelo de ACP, pero tamén cuestións prácticas que se poden implementar nos centros e servizos sociosanitarios.

A formación será impartida na Aula de Formación Centro de dia Alzhéimer, situada na rúa Poeta Díaz Castro Nº 10, en Lugo. Será o día 18 de 10.00 a 13.00 horas. Os interesados poden inscribirse na páxina da Escola Galega de Saúde para Cidadáns https://escolasaude.sergas.es/Cursos-presenciais, no 607 843 384 ou no correo afalu@afalu.org

Para falar de ACP débese falar de calidade de vida. Traballar según o modelo de ACP supón centrarse nas capacidades da persoa (non nas súas discapacidades), respectando a súa autonomía e capacidade de decidir, nos seus valores, aspiracións e dereitos e potenciando sempre a súa autonomía.

0.1462550163269