Afalu visibiliza o alzhéimer a través de formacións, obradoiros, unha visita virtual e unha gala

LugoXa
Afalu Alzhéimer presenta un programa para este mes de setembro co obxectivo de dar visibilidade, apoio e recoñecemento ás persoas enfermas de alzhéimer
maiores-unidade-preventiva-afalu
2 Sep 2024

Afalu Alzhéimer presenta un programa para este mes de setembro co obxectivo de dar visibilidade, apoio e recoñecemento ás persoas enfermas de alzhéimer, as súas familias, coidadores e persoal que lles dedica o seu traballo diario. Deste xeito, inclúen formacións, obradoiros de envellecemento activo, actividades interxenaracionais, actividades para coidadores e para as persoas dos centros, visita virtual adaptada a Lugo, iluminación de edificios públicos e unha xornada aberta de recuperación do ancestral traballo do liño coa artesá Lourdes Otero.

Como acto central, organizan a Gala Afalu, na que se poderá desfrutar da marabillosa música de Sons e Soños e o Coro do Hospital cunha actuación moi especial o sábado 14 ás 20.00 no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo, onde tamén se entregará o Premio AFALU ao Voluntariado 2024.

As propostas comezan o 11 de setembro coa saída cultural Re-coñecendo Lugo. O 18, da man de Guido Guía, organizan unha actividade de realidade virtual adaptada aos usuarios e o 20  terán mesa de sensibilización na Xunta, na Deputación e na rúa Quiroga Ballesteros. Realizarán medición de tensión, valoración cognitivas e exercicios sensoriais e conta coa colaboración do Breogán e Maximus.

O 21 iluminarán os edificios emblemáticos e o 25 na Unidade Terapéutica de Lugo poñen en marcha un obradoiro de artesanía. O 26 terá lugar unha actividade interxeracional no centro de día de Friol e a partir do 24 de setembro desenvolverase un obradoiro de envellecemento activo os martes e xoves na casa Clara Campoamor.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20003604888916