Alarma polo lume nun cableado nas Nogais

LugoXa
O incidente na fachada dun céntrico inmoble alertou aos veciños. Mobilizáronse o GES de Becerreá e os bombeiros de Sarria
3 Xan 2021

O lume nun cableado da fachada dun edificio provocou este sábado a alarma no concello das Nogais.

O percance rexistrouse uns minutos despois das tres da tarde na rúa Rosalía de Castro, nun inmoble situado xusto diante da casa consistorial, e xerou a alarma entre os veciños pola súa céntrica ubicación.

O 112 alertou do lume ao GES de Becerreá e ao parque de bombeiros de Sarria. Finalmente, os propios veciños conseguiron sufocar cun extintor o lume, que provocou poucos danos. Os bombeiros do parque sarriano encargáronse de realizar medicións de temperatura e de verificar que non houbese risco de que se reavivasen as chamas.

0.16151595115662